A aplicación móbil do Camiño de Santiago posta en marcha o pasado mes de maio por Turismo de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) suma xa un total de 7.344 descargas.
A aplicación, que nace no marco do proxecto Smart Camiño, constitúe unha  aposta maÃspola incorporación da innovación, a calidade e a competitividade no sector turÃstico.
A través desta aplicación móbil pioneira, que ten como obxectivo acompañar aos peregrinos na súa viaxe a Compostela e ser a súa guÃa, estes poden obter información sobre todas as rutas oficiais do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Ruta Fisterra-MuxÃa, VÃa da Prata, Camiño Portugués, Camiño Inglés,Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e RÃo Ulla, e Camiño de Inverno.
Os peregrinos dispoñen, asÃ, en tempo real, de toda a información que necesitan en cada momento sobre os trazados oficiais das rutas xacobeas, a Rede Pública de Albergues coas súas caracterÃsticas, horarios, localización, teléfono e fotografÃas; información sobre os eventos culturais -festas, concertos, talleres, etc- asà como información detallada de todos os recursos turÃsticos -descrición, localización e imaxes-.
Asà mesmo, os peregrinos poden consultar nela onde comer, onde aloxarse e que visitar en cada un dos tramos do Camiño coñecendo a ampla oferta dos establecementos turÃsticos cos que conta.
Ademais, a aplicación permÃtelles coñecer información meteorolóxica –ofrecida por Meteogalicia- asà como datos de contacto e dirección dos centros de saúde e emerxencias.
Por outra parte, a plataforma dixital conta cun servizo de realidade aumentada que permite, a través da cámara do móbil, visualizar todos os puntos de interese situados nas proximidades.
No apartado ‘Meu diario’, os peregrinos poden gardar os momentos máis importantes do Camiño, a través de notas de texto e fotografÃas, para posteriormente, a través da funcionalidade do portal ‘A miña experiencia’ crear o seu propio libro dixital.
A aplicación está dispoñible nos idiomas galego, español e inglés e a maior parte das súas funcións poden ser empregadas sen necesidade de cobertura no móbil.