Comarcas

Arbo amplía a súa bolsa de emprego para a contratación dun Auxiliar de Axuda no Fogar

arboPor resolución de Alcaldía de Arbo, foi aprobada a convocatoria para a ampliación da bolsa de emprego deste concello  para cubrir o posto de Auxiliar de Axuda no Fogar en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes subseguintes.

As bases atópanse publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 31 de data 16.02.16, así como no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do Concello de Arbo.

O prazo de presentación de instancias fíxase en 7 días naturais a conta dende o día seguinte á publicación do último anuncio no  Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

También te puede interesar