Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O futuro da xestión de pacientes e da documentación clínica, a debate no Álvaro Cunqueiro

xornadas-cunqueiro

O servizo de Admisión e Documentación Clínica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo organiza, durante os próximos días 17 e 18 de novembro, ás XXV xornadas da súa Sociedade, SOGADOC, nas que participan máis de 60 profesionais de todos os servizos dos hospitais galegos.

Trátase “de realizar un intercambio de ideas e reflexións sobre procesos claves na organización sanitaria, xa que sobre eles recae a coordinación de todas as actividades que se producen en torno a asistencia, desde a xestión das citas, xestión de lista de espera, apoio administrativo aos servizos clínicos, xestión de ingresos e programación cirúrxica. Por iso, queremos seguir na búsqueda de fórmulas que contribúan a reforzar o noso papel de facilitadores e mediadores entre os pacientes e o sistema sanitario”-.

As xornadas están estruturadas en varias mesas redondas sobre o traslado de hospital, a reorientación dos servizos de Admisión ás novas esixencias e na dixitalización da documentación clínica no Sergas. Tamén haberá un obradoiro práctico con supostos baseados en casos reais de pacientes que requiren dos servizos de admisión.

Un servizo con 249 profesionais

O servizo de Admisión do Chuvi é un servizo multidisciplinar, cun cadro de persoal formado por 249 profesionais entre médicos, enfermaría e auxiliares administrativos, emprazados nos distintos centros sanitarios da EOXI de Vigo. O seu obxectivo é ordenar e coordinar as actividades que se producen ao redor da asistencia, co fin de facilitar o acceso da poboación aos recursos dispoñibles baixo os principios básicos de equidade e eficiencia.

Este servizo xestiona anualmente mais de 40.000 ingresos, 34.00 intervencións cirúrxicas, 725.00 consultas e e 175.000 urxencias.

También te puede interesar