Cultura

@En_Marea pregunta a Goberno pola cota de xarda da frota galega

Alexandra Fernández, deputada de En Marea/vigoalminuto.com
Alexandra Fernández, deputada de En Marea/vigoalminuto.com

Os deputados de En Marea, Antón Gómez-Reino e Alexandra Fernández, presentaron unha pregunta por escrito ó Goberno para coñecer a cota de xarda que lle corresponde á frota galega do cerco para o próximo 2017.

O Ministerio de Agricultura anunciou que a cota asignada ó estado español para o seguinte exercicio 2017 aumentará nun 8% respecto á asignada en 2016, aínda que o sector da pesca galega acolleu con “cautela e prudencia” esta decisión. “O Ministerio amosouse triunfalista con este aumento, pero hai que ter en conta o desconto das 5.500 toneladas por sobrepesca en 2009″, sinalaron os deputados.

A cota para o estado español de xarda incrementaríase ata as 38.431 toneladas, pero despois da multa redúcese ata as 32.931.

En Marea tamén fai unha comparación coa cota asignada a Reino Unido, de 240.000 toneladas, a pesar de que en breve sairá da Unión Europea.

Ante esta situación, e dado que en 2017 remata o Plan de Xestión da especie e ademáis efectivizarase a probable saída do Reino Unido da UE,  En Marea pregunta ó Goberno se será revisado o reparto de cotas para unha distribución máis equilibrada tendo en conta o peso de frotas como a galega e a necesidade de garantir un futuro viable a un sector que en Galicia fixa poboación nas localidades costeiras e dinamiza a economía. 

También te puede interesar