vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Feijóo investido presidente do Goberno de Galicia

Posted by on Nov 11th, 2016 y archivado abajo Galicia, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

20161110_pleno_89Alberto Núñez Feijóo (Ourense 1961) é dende este xoves o presidente do Goberno de Galicia, cargo que ocupa por terceira vez grazas ao 41 votos do seu partido, o Popular, na sesión de investidura de onte no Parlamento galego.

Feijóo, quen deixou claro que rexeita as demandas de cambio da oposición, “piden cambios que os galegos nos queren…non me pidan iso porque non vou facer algo distinto do que os galegos me mandan”, si asegurou está disposto a chegar a puntos de encontro, especialmente co PSOE e mesmo o BNG, en temas coma o financiamento, a demografía, o retorno da emigración ou a loita contra a violencia machista.

Pola contra todos os partidos da oposición votaron ‘Non’ á candidatura do xa presidente: Luis Villares, de En Marea asegurou que non fixo nada polo autogoberno de Galicia en oito anos e sinalou que nos seus dous anteriores mandatos cumpriu co déficit pero non cos cidadáns.

O socialista Leiceaga, subliñou o seu compromiso co país á vista da falla de apoio ao autogoberno, á cultura e á lingua e mesmo comparou ao presidente con Donald Trump asegurando que dubidaba que tivese algo “consistente” detrás.

Por último, a voceira do BNG, Ana Pontón, pediu a Alberto Núñez Feijóo que deixe de “afogar” a democracia coa súa maioría absoluta e díxolle que a ela o novo presidente non a representa.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM