Vigo al minuto

@En_Marea pide a Xustiza novas medidas para acabar co colapso xudicial de Vigo

alexandra-fernandez-en-marea

A deputada por Pontevedra de En Marea, Alexandra Fernández, presentou este venres unha proposición non de lei no Congreso na que insta ao Ministerio de Xustiza a dotar a Galiza de máis xulgados para rebaixar a actual saturación e colapso existente.

Entre as demandas plantexadas está a de solicitar unha praza para a Sección número 6 da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, dado que é a máis colapsada de Galiza. Ademais, tamén require dous xulgados, un especializado en dereito de Familia e outro do Social para resolver “as necesidades máis urxentes que ten na actualidade a xustiza en Vigo”.

Para esta proposición Alexandra Fernández fai valer algunha das conclusións do Informe do Consello Xeral do Poder Xudicial, no que se indica que un 34,51% dos xulgados galegos, un de cada tres, soportan máis traballo do que poden asumir.

En concreto, Vigo e A Coruña son as dúas provincias que lideran a lista de xulgados con máis carga de traballo, con 19 e 22 órganos respectivamente que superan o índice do 150% marcado polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).

A parlamentar de En Marea destaca que segundo o Informe do CXPX, os xulgados de Primeira Instancia e Instrucción con sobrecarga de traballo son os números 1 e 2 de Viveiro, os tres de Vilagarcía, os números 1 e 2 de Cangas, o número 4 de Cambados, o número 2 de Redondela, o 1 de Porriño e o 1 de Marín. Outro dos datos que destaca é o feito de que oito xulgados galegos superen o 200% de carga de traballo.

También te puede interesar