Deportes

Case 100 persoas participan na I Proba de Orientación do Concello de Nigrán

compass-on-the-beach2

Un total de 80 persoas participarán este sábado na primeira proba de orientación do Concello de Nigrán, a maioría deles veciños do municipio e con idades que oscilan entre os 6 e 50 anos.

A actividade celebrarase a partir das 10.00 horas deste sábado no entorno da casa consistorial. A orientación é unha modalidade deportiva que consiste en percorrer un itinerario determinado visitando uns puntos nos que hai colocadas unhas balizas e axudándose únicamente de mapa e brúxula, elementos que facilitará a organización xunto cun dispositivo de marcación que acredite o paso polos lugares requiridos.

Os participantes, ben en modo individual ou colectivo, sairán escalonadamente, gañando o que complete as balizas no menor tempo posible nunha proba que se estima que dure como mínimo entre 15 e 20 minutos.

A proba, coordinada dende o Club de Montañeiros de Pontevedra A Roelo (AROMON), ten un carácter de iniciación con vistas a crear afeccionados a este deporte, xa que o obxectivo é que o vindeiro ano Nigrán forme parte da Liga Galega, na que participan unha media de 350 persoas.

Nesta primeira edición haberá dúas opcións, unha curta de 1,5 km (para menores de 9 anos acompañados ou xente que prefire empezar por aí) e unha longa de 3 km. En ámbolos casos os participantes recibirán previamente unha charla na Praza do Concello. Despois da proba poderán comprobar os tempos que fixeron, distancias… grazas ao dispositivo de marcación que levaron. Non se suspenderá en caso de choiva.

También te puede interesar