vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A @depo_es mellorará a estrada do Galleiro e de 48 km de viais en Redondela

Posted by on Nov 10th, 2016 y archivado abajo Comarcas, Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

deputacion-redondela

O deputado provincial de Mobilidade Uxío Benítez reuniuse este xoves co alcalde de Redondela, Javier Bas, para atender as demandas do Concello sobre as vías provinciais e subliñou que priorizará a mellora do último tramo da EP-2906, coñecida como Estrada do Galleiro, ata a rotonda de Santiaguiño por considerala “unha petición veciñal moi razoable” despois de que se executara unha primeira fase de reforma.

Neste encontro tamén abordaron a necesidade de actuar na EP-2901 entre Cesantes-Viso-Alxán, unha estrada moi longa con diferentes puntos de falta de seguranza viaria, polo que a Deputación de Pontevedra ten previsto construír en breve ao abeiro do Plan Móvese (Mobilidade e Velocidade Segura) varios lombos e redutores de velocidade de vehículos.

A maiores destas actuacións, dende o concello solicitouse que se mellore unha intersección coa estrada estatal e que se realicen actuacións singulares nos núcleos de maior concentración peonil. 

Benítez puxo sobre a mesa a realización dun estudo integral para ver as posibilidades de actuación e reforma da EP-2900 entre Redondela-Ventosela, que ten máis de 2,5 quilómetros de lonxitude e presenta deficiencias, así como a necesidade de construción dun muro de contención na EP-2904 entre Redondela e A Portela.

Por outro lado, a Deputación de Pontevedra trasladará ao concello redondelano os proxectos dos máis de 20 pasos de peóns sobreelevados e redutores físicos de velocidade que se instalarán nas estradas provinciais para contar coa súa aprobación definitiva.

A institución provincial tamén sacou a licitación da mellora da sinalización horizontal de todas as estradas provinciais en Redondela, para pintar aquelas que non tiñan marcas viarias e renovar o pintado das que están en mal estado. A actuación suporá a mellora de 47,9 quilómetros de marcas e ten un orzamento de saída de preto de 20.000 euros.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM