vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Máis de 3,2 millóns de euros para a loita contra os incendios na provincia de Pontevedra

Posted by on Nov 8th, 2016 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

deputacion-consorcio-incendios

O Consorcio Provincial Contra Incendios aprobou este martes o seu orzamento para o ano 2017, que ascende a máis de 3,2 millóns de euros nun pleno presidido pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Nesta xornada tamén se reuniu o consello asesor do Consorcio, no que participan representantes dos concellos de Ribadumia, Vilagarcía, O Porriño e Bueu, que foi informado do convenio entre a Deputación e Autopista do Atlántico para que os vehículos do Consorcio podan usar as vías de telepeaxe da AP-9 sen ter que deterse nas cabinas de cobro, garantindo unha maior rapidez no traslado dos vehículos de emerxencia cando teñen que usar a autopista.

O Consorcio Provincial Contra Incendios conta con catro parques nos concellos de O Porriño, Bueu, Ribadumia e Vilagarcía e desde eles prestase o servizo de extinción de incendios aos concellos da provincia salvo a Pontevedra e Vigo, que por lei teñen os seus propios servizos.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM