Deportes Vigo al minuto

Este domingo, Vigo érguese e corre

img_20161108_101952-01

Vigo quenta motores para a segunda edición dunha proba para todos os gustos. Este domingo 13 de novembro Vigo celebra a proba ‘Érguete e corre’, un evento que aglutina catro actividades pensadas para todos os públicos e todas as idades.

Dende o Paseo de Alfonso sairá ás 10.00 horas a ‘Pedalada’, un percorrido en bicicleta de 5 quilómetros por Vigo adaptada para o público familiar. Unha hora despois, ás 11.00 horas, será a quenda do runnig coa proba ‘5k’ para dar unha volta ao percorrido andando ou correndo, de xeito non competitivo, pensado para todas as idades, e a proba ’10k’, carreira compeitiva con cronometraxe electrónica.

Ademais, ás 12.00 horas haberá unha master class de zumba para todos os que queiran seguir facendo exercicio e, ao rematar, o pincho solidario polos locais do paseo de Alfonso.

img_20161108_103614-01

Trátase dunha proba solidaria na que poden participar todos os que o desexen, federados ou non, cubrindo o boletín de inscrición en El Corte Inglés (departamento de Deportes na planta 5) de 11 a 21 horas ou a través da web de Magma Sports. O prazo de inscrición remata o mércores 9 de novembro ás 22.00 horas.

O custo das inscricións será para os 10K de 10 euros a través da web e 8 en El Corte Inglés e para os 5K e a Pedalada de 8 euros na web e 6 en El Corte Inglés. Ademais os que queiran colaborar poden achegar o seu gran de area a través do Dorsal Cero, con achegas solidarias no número de conta posto na web de Érguete.

Os dorsais poderán recollerse dende o sábado 12 de novembro de 11 a 21 horas no departamento de Deporte de El Corte Inglés ou o mesmo día da carreira na zona de saída a partir das 09.00 horas.

Todos os participantes serán agasallados con camisetas e mochilas, trofeos aos mellores clasificados na proba de 10K e sorteos ao remate da proba.

También te puede interesar