Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@depo_es, @uvigo e @Pontevedrate investigarán sobre os beneficios do compost na rexeneración de solos galegos

Posted by on Nov 8th, 2016 y archivado abajo Ciencia y Tecnología. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

deputacion-uvigo

Estudar a viabilidade de utilizar o bioestabilizado, un compost de baixa calidade, na recuperación de solos degradados constitúe o obxectivo principal da investigación que durante os próximos tres anos desenvolverán os investigadores da Área de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Vigo tras o convenio de colaboración asinado coa Deputación e o Concello de Pontevedra.

Un proxecto que investigación “moi ambicioso” que, como lembrou o reitor, Salustiano Mato, “ten moito que ver cun cambio de cultura que temos que ir facendo se queremos ter futuro neste planeta” e que pasa pola integración “da xestión sostible de todo o que non utilizamos”. Dotado cun financiamento de 230.000 euros, achegados pola institución provincial, este convenio levará aos investigadores a estudar tanto os posibles usos do bioestabilizado como a analizar os lixiviados que poderían xerarse nunha planta de compostaxe como a que se proxecta construír nos terreos do lugar da Canicouva, que o Concello pon a disposición institución académica para o desenvolvemento desta investigación.

O proxecto que, baixo a coordinación das profesoras Purificación Marcet e Emma Fernández Covelo, desenvolverase ata finais de 2018 permitirá “marcar as pautas de como se deben aplicar con seguridade ambiental os produtos resultado do proceso de compostaxe”. O rexidor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, incidiu en que non existen en Galicia “datos científicos sobre o comportamento dos solos” unha vez tratados a través da compostaxe, motivo polo que esta investigación permitirá tamén que o persoal investigador e o alumnado da Universidade teña na Canicouva un espazo “no que ampliar os seus coñecementos nun tema que vai ter moito percorrido no futuro”.

Que facer co compost que non serve?

O obxectivo da futura planta que se vai construír na Canicouva é xerar só compost de calidades A ou B. Mais como neste caso xa están demostradas as súas capacidades e como o propósito deste proxecto é “descubrir cousas novas”, un dos piares da investigación será precisamente abordar os posibles usos daquelas cantidades de compost de baixa calidade que puidesen xerar nunha planta. Este bioestabilizado “non se pode empregar para solos agrícolas ou xardíns”, polo que un eixos deste proxecto pasa por analizar o posible uso do que ata agora se considera un residuo para a recuperación de solos degradados.

Xunto a este estudo dos bioestabilizados, outro dos obxectivos dun proxecto ao que a Deputación destinará 100.000 euros no presente ano, 70.000 en 2017 e 60.000 en 2018, pasa pola análise dos lixiviados xerados no proceso de compostaxe co propósito de garantir que “as augas que bañen o solo no que se teñen estes abonos van perfectamente saneadas ao noso subsolo”. Nese senso, o traballo co que arrincará nas próximas semanas este proxecto abranguerá en primeiro termo a realización de probas en invernadoiro con mostras procedentes de diferentes parcelas de “diferentes doses de lixiviados”, como explica Marcet, co propósito de comprobar “os efectos que poden ter sobre diferentes solos”, ao que se sumará a análise dos efectos que neste campo pode ter o uso de biochar, biomasa de orixe vexetal, na inmobilización de substancias cara augas superficiais ou subsuperficiais.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM