vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A @depo_es achegará 340.000 euros a Vigo para os seus sendeiros azuis e o mantemento dos campos de fútbol

Posted by on Nov 7th, 2016 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinaron este luns dous convenios de cooperación polos que a institución provincial achegará 340.000 euros ao Concello vigués para os seus sendeiros azúis e para o mantemento de campos de fútbol.

Nesta ocasión, a Deputación achega 40.000 euros para a cofinanciación e o Concello é o responsable da contratación e da execución de accións en tres sendeiros azúis (a Senda de ribera e litoral – Camiño Beiramar, a Senda entre faros nas Illas Cíes e a Senda Litoral e Monte da Guía), así como da promoción turística e ambiental, os traballos de sinaléctica, a consolidación de infraestruturas ou a instalación de novo mobiliario, algunhas das iniciativas previstas para realizar antes do 31 de decembro.

Por outro lado, tamén asinaron unha adenda ao convenio asinado en 2015 para realizar obras de mantemento, reparación e conservación en campos de fútbol de Vigo. O obxectivo é prorrogar a súa vixencia ata o 30 de xuño de 2017 para dar continuidade ás accións iniciadas, ademais de incluir novas propostas.

Este acordo, polo tanto, permitirá acondicionar as instalacións de As Relfas (Sárdoma-Moledo), San Andrés de Comesaña, Meixoeiro, A Bouza, A Guía, Santa Mariña (Cotogrande-Cabral) e Castrelos (Monte da Mina). O orzamento é de 580.000 euros que se financiarán ao 50% entre Concello e Deputación.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM