Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

#MoitoPeixeRompeARede…a historia da oposición ao traslado do Alfageme a Coia

Posted by on Nov 6th, 2016 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

traslado-alfageme-a-coia#MoitoPeixeRompeARede é o título dun vídeo de 8 minutos que conta os meses de “loita veciñal” na rotonda de Coia, os meses anteriores e posteriores ao traslado do buque ‘Bernardo Alfageme’ e, asimesmo, as consecuencias da mesma.

As imaxes narran  oposición dun grupo de persoas contra o establecemento da embarcación na Avenida de Castelao e o seu rexeitamento ao “o desbaldimento de cartos públicos” deste proxecto que, para eles  foi un gasto “innecesario e inxustificable cando hai xente que pasa necesidade, que non pode chega a final de mes ou nin sequera pagar os recibos da auga, da luz ou manter a súa casa”.

O documental repasa o traslado, pola noite, do barco a Coia ata que acabou acabou chantado alí logo de ser escoltado por centos de axentes antidisturbios e policías locais, dende Beiramar.

O vídeo tamén refírese á condena dun ano de cadea a Xurxo R. M. por resistencia e lesións a un axente da Policía Local e ao proceso xudicial aberto contra Diego, ao que se lle reclama tamén 3 anos de cárcere e 30.000 € por responsabilidade civil…mentres o Ministerio Fiscal nega que houbese delito algún e pide arquivar o caso por falta de probas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM