Galicia

En Marea pregunta ao Goberno Rajoy pola falla de información á frota do cerco sobre o cupo da sardiña

cercoA deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, e o deputado Antón Gómez-Reyno, presentaron unha batería de preguntas dirixidas á Secretaría Xeral de Pesca para pedirlle explicacións por non ter informado debidamente á frota de cerco dos dados de consumo da pesquería da sardiña nin do estado do cupo mensual.

Alexandra Fernández e Antón Gómez-Reino trasladan ao Ministerio o malestar dos cerqueiros que o pasado 7 de outubro se atoparon coa resolución de peche precautorio da pesquería da sardiña, sen que previamente fosen informados mensualmente do estado de consumo do cupo cando existe un acordo para que se comunique cada mes a evolución dos cupos.

A Secretaría Xeral de Pesca é o órgano que recibe diariamente os dados de descargas dos pesqueiros, polo tanto, é o órgao que debe transmitir os dados de consumo e informar cada mes da situación de consumo do cupo de sardiña.

A pesca da sardiña está suxeita a un acordo entre o estado español e o portugués que apilcan unha regla de explotación para limitar as capturas. O sector do cerco, sinalan, demandara á Secretaría Xeral máis toneladas de sardiña a fin de poder rematar o mes de novembro.

Dado o malestar do cerco pola resolución de peche precautorio da pesquería, a Secretaría Xeral decidiu otorgarlle á frota 150 toneladas máis e poder pescar sardiña a partir do 2 deste mes. Máis, puntualizan, a autorización deixaba claro que é só para pesca accidental non dirixida, limitándose as capturas a un máxima semanal de 600 quilos por barco até chegar aos 150. Logo pecharán definitivamente a pesquería.

Fernández e Gómez Reino realizan unha serie de preguntas sobre esta cuestión á Secretaría Xeral de Pesca e tamén queren saber cais son as opcións de pesca que lle queda á frota de cerco unha vez que rematen o cupo de sardiña. E piden ao Goberno que practique a transparencia e a información cun sector que está bastante castigado e que non atravesa polo seu mellor momento dadas as reducións constantes de cotas.

También te puede interesar