Sucesos Vigo al minuto

Calcinado o ático en obras incendiado en Praia América

incendio

Imaxes: Vigoalminuto/ O lume producido esta mañá nun ático en obras na rúa Areosa, en Praia América, calcinou por completo o último andar do edificio en obras.

Segundo fontes oficiais, o lume foi provocado por unha soldadura. O propio traballador que estaba a soldar foi atendido no punto polos efectivos de emerxencia, aínda que non precisou ser trasladado. Ningunha outra persoa resultou afectada polo incendio.

Unha persoa particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 11:00 horas desta mañá. Segundo explicaba, vía saír moito fume pola parte superior dun inmoble de catro andares. Tamén se puxo en contacto co Centro de Atención ás Emerxencias o dono do edificio, para informar da presenza de varias bombonas no interior da propiedade.

Con todos estes datos, os profesionais do 112 Galicia alertaron aos Bombeiros do Baixo Miño e aos de Vigo, que enviaron dotacións ao punto. Tamén se informou a Urxencias Médicas, ao GES do Val Miñor, a Protección Civil e á Policía Local.

O lume quedou extinguido minutos despois das 12:00 horas desta mañá.

También te puede interesar