Destacados Vigo al minuto

Acto funerario para despedir á LOMCE e as súas reválidas, este mércores diante do Marco

cartaz-vigo-copia_rsz

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público xunto con Foanpas seguen a realizar mobilizacións e accións para pedir que se parelice e derogue a LOMCE e que, con ela, se supriman as famosas reválidas.

Por este motivo, este mércores 26 de outubro coincidindo coa xornada de folga no ensino convocan diante do Marco (19.00 horas) un acto lúdico, reivindicativo e funerario no que despedirán “como se merece” á LOMCE e ás reválidas, “dándolle ao goberno en funcións as nosas máis sentidas condolencias por tan sensible perda”.

Tanto para a Plataforma como para Foanpas, a LOMCE “é unha lei nociva para o ensino público galego. Acrecenta a privatización e mercantilización da educación, promove e segregación do alumnado, reforza a confesionalidade, desterra a igualdade de oportunidades, elimina a xestión democrática dos centros e impide o dereito á educación para todo o alumnado”. Algo ao que hai que sumarlle que “despreza absolutamente o traballo do profesorado, é un desatino e unha desconsideración co alumnado e unha desfeita para a organización dos centros”.

O Ministerio en funcións quere aplicar as reválidas na ESO e en bacharelato pese a que ata o 30 de xullo de 2016 non se publicou o Real Decreto que as regula e no que se fixa un prazo, ata o 30 de novembro, preto do remate do primeiro trimestre, para estabelecer as características, o deseño e o contido das probas. É dicir, “o alumnado será sometido a unhas probas substitutivas da selectividade, sen que a estas alturas coñeza o seu contido e as súas características. Maior desprezo para o profesorado e o alumnado é imposible”.

 

 

También te puede interesar