Ciencia y Tecnología Galicia

As boias do Observatorio RAIA, banco de probas dunha nova pintura patente ecolóxica

 

boya-pintura-ecologica

O Observatorio RAIA está a servir como plataforma de probas para comprobar a resposta de novas pinturas patente ecolóxicas fabricadas en Suecia no marco do proxecto europeo Selektope.

O casco da boia situada fronte ao litoral de Ribeira, que forma parte do conxunto de estacións desta rede de observación, foi recuberto con tres pinturas diferentes, dúas en fase de avaliación e outro produto antiincrustante comercial, o que permitirá comprobar os seus resultados.

Selektope é un novo concepto de recubrimento antifouling desenvolvido pola empresa sueca I-Tech con financiamento do programa de Competitividade e Innovación no Sétimo Programa Marco, e coa colaboración de investigadores da Universidade Tecnolóxica de Chalmers e a Universidade de Gothenburg.

Este produto, avaliado polo comité permanente europeo sobre produtos biocidas en xaneiro do presente ano, introduce un modo de acción de orixe farmacolóxico para combater a incrustación de invertebrados de orixe mariño, conseguindo un efecto repelente na superficie dos dispositivos somerxidos. A nova pintura consigue ser efectiva como antiincustrante, diminuíndo os efectos medioambientais ao reducir o uso do cobre.

A Rede Oceanometeorolóxica da Xunta de Galicia forma parte do Observatorio transfronteirizo RAIA e é xestionada conxuntamente por MeteoGalicia, Intecmar e CETMAR. Leva funcionando máis de dez anos e estivo cofinanciada polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (POCTEP). O Observatorio RAIA aglutina as principais entidades da costa Atlántica da Península Ibérica con actividade relevante no campo da oceanografía operacional. Ten por misión proporcionar información fiable e útil sobre o estado do mar ás administracións públicas, empresas e cidadáns en xeral, así como promover o desenvolvemento de ferramentas e servizos para estes colectivos.

 

También te puede interesar