Galicia

O Parque Nacional Illas Atlánticas, no top 100 de destinos turísticos sustentables do mundo

cies

O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia vén de entrar no top 100 de destinos turísticos sustentables do mundo, segundo anunciou o selo internacional Green Destinations durante a celebración do Global Green Destinations Day en Liubliana, en Eslovenia.

Os destinos participantes foron avaliados por un grupo de expertos internacionais en turismo, sustentabilidade e medio ambiente en base a un conxunto de 15 criterios, entre os que se atopan a protección da natureza, a política turística do destino, a protección da paisaxe e a conservación do patrimonio cultural.

O Parque Nacional Illas Atlánticas conta con iniciativas como, por exemplo, ‘Starlight en espazos protexidos: o que a noite esconde’, un recoñecemento que se outorga a aqueles enclaves que gozan de excelentes calidades para a observación de estrelas, que están protexidos da contaminación luminosa e que contan coas instalacións axeitadas. Só outros 13 lugares do mundo comparten esta acreditación e entre eles atópase o Alto de Pena Trevinca, no concello ourensán da Veiga.

También te puede interesar