Ciencia y Tecnología

Sanidade compra 530.000 dose de vacina da gripe para o inicio da campaña o vindeiro 24 de outubro

vacinaA Consellería de Sanidade ven de aprobar un gasto de 1,8 millóns para a compra de 530.000 dose da vacina contra a gripe. Delas 290.000 son vacinas convencionais, que poden usarse dende os 6 meses de idade, e as 240.000 restantes son dose de tipo intradérmico, para aquelas persoas que viven en residencias da terceira idade e o restos das galegas e galegos maiores de 75 anos.

Sanidade subliña o “beneficio” da vacinación xa que “diminúe a incidencia da enfermidade e, especialmente, baixa a frecuencia das conculcacións, o risco de hospitalización e a morte entre as persoas maiores”.

A campaña de vacinación, que empezará o vindeiro 24 de outubro, e terá 900 puntos de inxección en toda Galicia, está dirixida a todas as persoas de máis de 60 anos, as que sexan máis novas pero estean dentro de grupos de risco –patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endócrinas, persoas con cáncer ou outras inmunodeficiencias, aquelas con obesidade mórbida ou algunha disfunción cognitiva-.

Ademais, tamén aconséllase a vacinación ao persoal sanitario e aos traballadores ‘esenciais’, coma Bombeiros, ou axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

También te puede interesar