Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Terás que pasar por Bembrive para probar a mellor sidra de Vigo

Posted by on Sep 30th, 2016 y archivado abajo Cultura, Destacados, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

festa-sidra

Bembrive prepárase para ser esta fin de semana o epicentro da mellos sidra, unha bebida que ata hai anos tiña moita tradición en Galicia. A parroquia celebra o 1 e 2 de outubro na alameda do Torreiro a XVIII Festa da Sidra, na que se porán á venta 600 caixas desta bebida feita de xeito artesanal.

festa-sidra-2A festa arranca o sábado pola tarde, con xogos populares a partir das 17.00 horas e co concerto dos grupos de gaitas ‘Os da curva’ e ‘Cans de palleiro’ a partir das 20.00 horas.

O domingo, a carpa no torreiro das festas abrirá as súas portas ás 10.00 horas coa apertura de stands, onde se poderán adquirir botellas de sidra artesanal elaborada en Bembrive e sidra asturiana, ou ben degustala acompañada dun pincho.

Ás 12.00 horas haberá concursos de sidra e de repostería e ás 13.00 horas chegan os actos institucionais, coa lectura do pregón por parte de Emma e Paco, a entrega da Mazá de Ouro e a actuación da banda de gaitas ‘Xarabal’.

A festa continuará durante todo o día, con actividades para rapaces e coa actuación ás 19.30 horas de Teatro Lameiro e o seu ‘Un mal día’.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo

ElektronikSigara - sex shop vibrator