vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Máis dun cento de persoas participan na xornada ‘Muller e liderado’

Posted by on Sep 29th, 2016 y archivado abajo Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

xornada-muller-01

Un espazo de aprendizaxe e intercambio no que analizar o liderado feminino e dar resposta ás necesidades do mercado actual respecto ao autoliderado e ao liderado de equipos, a través de conferencias, exposicións e obradoiros cun fin divulgativo e formativo. Así é a xornada ‘Muller e liderado’ da Escola de Igualdade María Vinyals, no que están a participar 110 mulleres de diferentes sectores de actividade, desde a educación, ata o mundo da empresa, dos medios de comunicación, dos sindicatos ou da política.

xornada-muller-05

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou durante a inauguración no Castelo de Soutomaior a súa satisfacción por ver “nesta Escola de Igualdade María Vinyals mulleres de distinta ideoloxía, con distintos intereses, inequedanzas, desexos pero co obxectivo común de que somos máis da metade da poboación e temos serias dificultades en cada unha das actividades que desenvolvemos para ocupar o espazo que merecemos, para que se nos respecte, para que teñamos igualdade de oportunidades, para ocupar postos de decisión”.

Desequilibrio de xénero

Segundo o estudo ‘Equilibrio de género en las empresas españolas’, 8 de cada 10 mulleres executivas manifestaron impedimentos ó longo da súa traxectoria profesional por razón de xénero. Silva subliñou que “é unha verdade total e absoluta que a desigualdade salarial e os problemas de conciliación se constitúen como unha grande dificultade para as mulleres no mundo laboral ó tempo que aínda hoxe as empresas outorgan favores ós homes”.

xornada-muller-02

Por tal motivo, Silva destacou a necesidade de “que as mulleres nos organicemos para reivindicar a igualdade, o dereito a participar na sociedade dunha forma plena, a ocupar o lugar que nos corresponde e non ter que estar situadas nos lugares onde os que decidían nos querían situar”. “Espero que esta xornada de reflexión, de intercambio de ideas, nos permita asumir máis argumentos e crear redes de mulleres que desde diferentes ideoloxías, profesións e posicións, somos capaces de traballar xuntas para conseguir esta sociedade na que mereza a pena vivir”, salientou Silva.

Pola súa banda, a deputada provincial, Isaura Abelairas, enxalzou o papel desenvolvido polo servizo de igualdade da Deputación de Pontevedra, a través do que se impulsou a creación da Escola de Igualdade María Vinyals, que quere converterse “no lugar de encontro, de formación, onde compartimos os proxectos entre nós, onde todas aprendamos”.

xornada-muller-04

Despois da inauguración tivo lugar unha mesa de experiencias (‘Son bos tempos para o liderado feminino!’) á que segue a primeira quenda de obradoiros simultáneos sobre ferramentas para o liderado feminino. A continuación comezará a segunda quenda de obradoiros simultáneos sobre estratexias para potenciar o liderado e a xornada rematará cun novo relatorio baixo o título ‘Existe un estilo de liderado feminino? Muller e poder’.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM