Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O campo do Chapela, escenario do Trofeo de Fútbol Concello de Redondela

Posted by on Sep 28th, 2016 y archivado abajo Deportes. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

trofeo-redondelaFalta apenas unha semana para que arranque o Trofeo de Fútbol Concello de Redondela, que este ano conta como novidade co cambio de datas. Ata o de agora o campeonato celebrábase en pretemporada, datas nas que todavía moitos planteis non estaban ao 100% confeccionados e con falta de rodaxe. Por este motivo, despois de consensualo cos clubs, a partir deste ano celebrarase en outubro para “gañar en identidade e competitividade”.

Ente ano a competición desenvolverase no campo do Chapela CF, mentres que para o vindeiro tocaralle o turno ao do Atlético Vilar. A fase previa comezará o mércores 5 de outubro ás 21.00 horas con enfrontamento entre o Chapela e o Atlético Vilar, do que soamente un pasará á seguinte fase.

O martes 12 de outubro terá lugar a primeira semifinal ás 10.00 entre o CD Choco e o CD Cesantes e a segunda semifinal ás 12.00 horas entre o gañador da fase previa e o AD Peña Beretes. A final será ás 19.00 horas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto - Deportes

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM