vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Rías Baixas traballa para facerse un oco como destino turístico de referencia en España

Posted by on Sep 27th, 2016 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

diputacion-plan-director-turismo

Nace o primeiro Plan Director de turismo Rías Baixas, co que se tratará de convertir a este enclave nun destino de referencia en toda España e que por primeira vez vaise facer en consenso entre a Deputación de Pontevedra, os concellos e o sector privado.

Por primeira vez, como salientou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a política turística da zona desenvolverase “de forma pensada e planificada, procurando o consenso cos concellos e o sector privado co obxectivo de converter ás Rías Baixas nun referente turístico nacional”.

Silva enxalzou tamén o sector turístico da Provincia, denominándoo “o motor do sector turístico galego”. Neste eido subliñou que se o turismo é un sector clave na economía da provincia, pola súa achega ó PIB e pola súa capacidade de xerar emprego e benestar, os seus obxectivos son tamén os da provincia. Por este motivo, Carmela Silva propuxo construír “un destino forte, cunha boa marca, ben situado e ben promocionado para convertelo nun escenario máis favorable e con maiores perspectivas para o traballo individual da empresa turística”.

A política promocional da Deputación estará orientada “aos produtos turísticos nos que están a traballar os operadores da provincia, desde o tradicional sol e praia ata o turismo urbano, turismo de reunións e eventos, turismo cultural, turismo de natureza, turismo enogastronómico, turismo náutico, termalismo, o camiño de Santiago, os festivais ou calquera outro segmento de produto no que se estea a traballar na provincia”.

Ademais, o novo Plan Director de Turismo aposta por unha política de comunicación orientada a incrementar a presenza da marca Rías Baixas nos mercados prioritarios e unha política de relacións institucionais orientada á colaboración con organismos e axentes con responsabilidade en materia turística, desde os propios concellos, ata a Xunta de Galicia e as cámaras municipais do Norte de Portugal.

E impulsarase un cambio radical nas políticas turísticas da institución, apostando por estratexias “modernas, vangardistas, innovadoras, nas que os concellos e o propio sector sexan os protagonistas da promoción”, decidindo aquilo que queren divulgar e pensando sempre no retorno económico para as Rías Baixas.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM