Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A acidificación oceánica provocará graves alteracións na vida bacteriana da ría de Vigo

Posted by on Sep 26th, 2016 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

duvi-acidificacion-oceanos

Os océanos, a través da súa capa mais superficial, funcionan como sumidoiros de CO2 atmosférico, chegando a absorber gran parte do excedente gaseoso, que foi en aumento parello á incremento da actividade industrial, entre outras causas. Cando este CO2 se disolve nos océanos, prodúcense cambios nos equilibrios químicos da auga do mar que resulta nun descenso do pH.

Este proceso de acidificación oceánica vai en aumento e estímase que a finais deste século a baixada de pH pode ir dende as 0,3 ata as 0,7 unidades podendo ter graves efectos sobre os ecosistemas mariños, os seus organismos e as relacións que se establecen entre eles e co medio. O investigador da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla Antonio Fuentes está a estudar os posibles efectos da acidificación no mundo microbiano, concretamente nas bacterias heterotróficas, “unha parte moi importante destes ecosistemas mariños, encargadas de reciclar toda a materia orgánica producida polos outros organismos e permitir así que se volvan a empregar estes nutrientes na cadea trófica dos océanos”, como destaca o científico.

Fuentes, dirixido pola doutora Cristina Sobrino, traballa no seo do Grupo de Oceanografía Biolóxica da Universidade e contan coa colaboración de investigadores do Instituto Español de Oceanografía e do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC e o Instituto de Ciencias Mariñas de Andalucía-CSIC. O seu estudo, que senta as bases para súa tese de doutoramento, ten como obxectivo coñecer as respostas das comunidades bacterianas da ría de Vigo e a súa relación coas comunidades fitoplantónicas por medio da materia orgánica que estas producen ante o futuro escenario de acidificación oceánica.

Resultados do estudo

O investigador realizou o seu estudo simulando as condicións de pH previstas para o futuro, e os resultados amosan que as bacterias da ría de Vigo “non responderon directamente aos efectos da acidificación oceánica”, sendo indiferentes ás distintas condicións de pH nas que se incubaron. Sen embargo, as bacterias si que responderon de xeito diferente ante a adicción da materia orgánica que foi producida polo fitoplancto en condicións de pH semellantes ao escenario agardado de acidificación oceánica. “Observouse que na metade do transcurso das incubacións, as bacterias medraron en maior numero cando estas empregaban como sustento a materia orgánica producida en ambientes ácidos“, explica Fuentes.

Con todo, nos últimos intres do experimento a produción destas bacterias foi maior cando se realizaron incubacións onde se engadiu materia orgánica producida baixo niveis normais de pH. Polo tanto, destaca o científico, “nun escenario futuro de acidificación, a poboación bacteriana sería menor a medida que transcorre o tempo”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM