Galicia

Galicia vota xa dende as 9 da mañá

61222_npadvhover2.463 colexios electorais con 3.977 mesas, abriron ás 9 da mañá deste domingo as súas portas para que 2.701.837 galegos poidan elixir aos 75 deputadas e deputados que se sentarán no Parlamento de Galicia ata o ano 2020.

Máis de 7.000 efectivos da Policía Nacional, Policía Local e Guardia Civil forman parte do dospositivo de seguridade despleagado hoxe. No mesmo participan, dacordo cos datos facilitados pola Delegación do Goberno, 2.275 axentes da Policía Nacional, 176 da Policía Autonómica,3.917 da Garda Civil e 813 da Policía Local dos concellos de Galicia.

A provincia de Pontevedra é a que ten máis axentes desplegados, en total 1.112 gardas civís e 852 policías nacionais.

También te puede interesar