vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O castelo de Soutomaior revive a súa historia

Posted by on Sep 22nd, 2016 y archivado abajo Cultura. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

soutomaior-visita-teatralizada

Representación piloto no castelo de Soutomaior das visitas teatralizadas que comezan este venres e que se estenderán ata o 23 de outubro, as primeiras que se organicen no castelo e que neste momento xa teñen todas as prazas cubertas.

A montaxe, a cargo de Limiar Teatro, pon en valor a historia do castelo e dos seus xardíns e consegue “divulgala dunha forma tan entretida, chea de retranca e humor, para espertar a curiosidade de persoas de diferente idade”, asegurou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que disfrutou do pase de proba.

As visitas teatralizadas no castelo de Soutomaior, que terán lugar de xoves a domingo, durarán aproximadamente 45 minutos e nelas actores e actrices, vestidos de época, revivirán en clave humorística e coa retranca que tanto caracteriza ás e ós galegos, algúns momentos da historia do castelo. Durante o percorrido, que se vai desenvolver tanto dentro como fóra do castelo, “os visitantes  poderán ver desde ó señor do Castelo, Pedro Madruga, ata unha grande muller que marcou o camiño para que as demais foramos detrás dela defendendo os nosos dereitos, María Vinyals, outra gran muller como Emilia Pardo Bazán ou un trobador”.

Carmela Silva manifestou que para esta primeira edición atópanse xa todas as prazas cubertas pero que de cara a vindeiras visitas teatralizadas se incrementarán porque “o noso obxectivo é que o Castelo e o seu xardín sexan visitados por milleiros de persoas para que poidan coñecer a nosa historia, xa que non se pode construír presente nin futuro sen recoñecer o pasado e, o noso, foi grandioso”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM