Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Vigo cambia o coche por exposicións, charlas e actividades

Posted by on Sep 22nd, 2016 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

dia-sin-coche-03

Fotos: Vigoalminuto/ Vigo súmase este xoves ao Día Sen Coche deixando os vehículos aparcados e celebrando moitas actividades na rúa. Durante todo o día, Príncipe leva acollendo decenas de actividades que se desenvolverán entre A Farola e a Porta do Sol no marco da Semana Europea da Mobilidade.

Así, haberá unha exposición de vehículos eléctricos, dende coches ou bicicletas ata vehículos de mobilidade reducida, que ademais farán un percorrido pola cidade para pechar esta xornada. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recordou durante unha visita a esta mostra a importancia “dos modos de transporte alternativos nunha cidade humanizada na que é máis cómodo camiñar, que facilita o uso das motos” e no que se vai potenciar a bicicleta coa creación de varios carrís bici, “o primeiro, desde Teis a Samil”.

Na rúa do Príncipe, Concello, organizacións e entidades colaboradoras organizan este xoves circuitos de mobilidade reducida, de habilidade, de aprendizaxe a montar en bici e de educación viaria para os máis pequenos. Por outra banda, haberá charlas sobre a semana europea da mobilidade, o vehículo eléctrico, o seguridade do peón, educación viaria, accesibilidade urbana e a bicicleta.

Ademais, as liñas do autobús urbano H, H1 e H2 son hoxe gratuitas, igual que o serán as liñas 6, 12B e 18 para os usuarios que suban nas paradas do Hospital Álvaro Cunqueiro. O Concello emprazou un buzón de suxerencias sobre mobilidade en Príncipe e Caballero solicitou á cidadanía que envíe propostas sobre mobilidade, “porque queremos ser líderes na mobilidade do século XXI”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM