Galicia

O sector das ambulancias, á folga pola paralización nas negociacións do convenio

ambulancia31
Imaxe de arquivo

A CIG convoca unha folga no sector das ambulancias para este venres 23 de setembro pola paralización do convenio colectivo e “pola negativa da patronal a sentarse a negociar”.

Unha das reivindicacións principais desta mobilización será a “profesionalización e dignificación” dos traballadores do sector, xa que dende o sindicato denuncian que hai un lote de empregados que traballa “cun contrato precario de prácticas” e cun salario rebaixado nun 40%.

 

Para a CIG esa profesionalización pasa por un salario digno “que impida que os traballadores e traballadoras teñan que facer horas extra para poder levar un diñeiro suficiente a fin de mes”. Por este motivo, ademais dunha suba salarial, nesta folga reivindicarase a terceira paga extra que desapareceu no convenio anterior. Entre as reivindicacións tamén aparece mellorar a situación de prevención de riscos laborais .

También te puede interesar