Vigo al minuto

152 estudantes rumbo ao Reino Unido a estudar inglés coa bolsa do Concello

Dous novos grupos de estudantes partiron este mércores cara o Reino Unido a aprender o idioma grazas ao programa municipal ‘Vigo en Inglés 2016’. Nesta ocasión foron 152 alumnos e alumnas viguesas que cursan Bacharelato e que pasarán un mes aprendendo a lingua e convivindo cunha familia nativa.

Proceden de diferentes institutos da cidade: IES Alexandre Bóveda, IES Beade, IES Politécnico, IES San Tomé de Freixeiro, IES Santa Irene, Amor de Dios, IES Coruxo, Alborada, Atlántida, IES Álvaro Cunqueiro, IES Carlos Casares, IES Rosais 2, San Blas, Montesol e San José de Cluny.

Este xoves sairán os dous grupos de alumnado que faltan para completar o total de 420 bolseiros deste ano, que se suman aos 150 estudantes que marcharon no mes de xuño, ata as 617 bolsas concedidas neste curso académico. O Concello destina 1,5 millón de euros a este programa, do que xa se beneficiaron “uns 4.000” mozas e mozos vigueses.

Para o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o programa municipal de bolsas de inglés é un “éxito excepcional” e responde ao modelo que quere seguir o seu goberno para que “todos os nenos e nenas falen castelán, galego e inglés e que teñan esta oportunidade” de ir fóra.

También te puede interesar