Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Unhas 19.000 persoas participarán no programa da @depo_es ‘En ruta coa Depo’

Posted by on Sep 20th, 2016 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

depo-en-ruta-01

O programa da Deputación de Pontevedra ‘En ruta coa Depo’ arrancou esta semana cunha participación de preto de 300 persoas pertencentes a asociacións dos concellos de Vigo, Poio e Mos. En concreto, beneficiáronse da primeira saída a Asociación de Mulleres Dorna de Vigo; a AA.VV. Cultural e Deportiva de Lourido, en Poio; a Asociación de Amas de Casa Agarimo de Vigo; e a Asociación de Vecinos San Mamed de Torroso, en Mos.

Na primeira saída de ‘En ruta coa Depo’ a Asociación de Mulleres Dorna visitou Catoira e a súa contorna natural, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; a Asociación Cultural e Deportiva de Lourido viaxou ata a illa de San Simón e Redondela; a Asociación de Amas de Casa Agarimo percorreu O Grove e a ría de Arousa e a Asociación de Vecinos San Mamed de Torroso (Mos) foi ata as Illas Cíes e percorreu o casco vello de Vigo e o barrio mariñeiro do Berbés.

depo-en-ruta-02

O programa conta cun orzamento de 238.500 euros e ten como finalidade mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra a través da promoción da igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, ofrecendo alternativas de ocio e tempo de lecer dinámico e saudable á poboación xuvenil da provincia así como o asociacionismo xuvenil e, ademais, promovendo rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente as nenas e nenos.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM