Vigo al minuto

Traballadores xudiciais iniciarán mobilizacións para denunciar a falta de medios e o trato “propagandístico” por parte da Xunta da xustiza

pano_20160920_120814-01

Representantes dos traballadores de Xustiza anunciaron este martes que comezarán cun calendario de mobilizacións para denunciar e facer visible ante a cidadanía a falta de medios, a “discriminación sanitaria” que viven ou o “uso propagandístico” que a Xunta de Galicia fai da Xustiza.

Os seis sindicaos con representación na mesa sectorial (SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSI-F, STAJ e CIG) tiñan convocadas concentracións nas sete grandes cidades galegas, unha mobilización que no caso dos xulgados de Vigo e da Audiencia Provincial de Pontevedra está pendente de realización tras a negativa do permiso da Subdelegación de Goberno, a falta de resolución do recurso presentado.

Catro temas principais

Un dos principais temas que quere denunciar este colectivo é a situación da nova oficina xudicial, que “nin está nin se lle espera”. Os sindicatos denuncian que a pesar de ter publicados varios decretos para a súa constitución, “a día de hoxe non existe o papel cero, xa que é imposible incluso a comunicación entre comunidades autónomas”. “A Xunta anunciou que en outubro todos os cidadáns poderían ver o seu expediente dixital cando a realidade é que temos unhas limitacións brutais e imprimimos máis papel que antes”, salientan.

Tamén denuncian as amortizacións de prazas, que nos próximos anos será de 106 prazas para toda Galicia, “só o 5% do total”. “Nos vindeiros días haberá unha xubilación e non se cubrirá porque hai zonas onde a Xunta considera que non é necesario persoal sen ningún tipo de estatística”, recordan.

Outro dos aspectos que preocupa aos funcionarios xudiciais é a discriminación sanitaria dos médicos forenses, xestores, tramitadores e auxilios con respecto a maxistrados, fiscais e letrados da administración de Xustiza, xa que estes cobran o 100% en caso de enfermidade mentres que os outros sectores non.

Un dos puntos máis importantes das súas denuncias son tamén os xulgados de Violencia de Xénero, nos que “non só non hai medios persoais e materiais, senón que non temos nin auga para darlle as vítimas, un psicólogo ou coidadores cando veñen acompañadas de menores”.

“As  mobilizacións son necesarias. A administración de Xustiza xusta é a que non só sentenza, senón que tamén executa. E todos os traballadores temos cortapisas paara acceder a un servizo público de xustiza axeitado”, recalcaron.

 

También te puede interesar