Vigo al minuto

Gardas civís, policías e militares presentan este martes en Vigo unha demanda por “discriminación” nas súas pensións

guardia-civilSegundo informa nun comunicado o despacho de avogados Fernando Osuna, que os representa, este martes, ás 2 da tarde nos Xulgados de Vigo, un grupo de 300 policías, gardas civiles e militares presentarán unha demanda contra Estado español, dirixida ao Tribunal de Estrasburgo, pola “discriminación” nas súas pensións.

Estos membros do Exército e dos Corpos de Seguridade do Estado subliñan que están discriminados na cuantía das súas pensións en relación con aquelas pensións extraordinarias de retiro e xubilación que cobran aquelas persoas que teñen unha incapacitación logo de ser feridos en actos terroristas mentres facían o seu traballo.

Por iso, esixen as súas “pensións íntegras, sen limitacións” logo de ser feridos en acto de sevizo, que farán cunha demanda lodo de anos de loita na xustiza española sen resultado.

También te puede interesar