vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Primeiras bolseiras chinesas en Turismo Rías Baixas para “servir de ponte cultural e de formación”

Posted by on Sep 18th, 2016 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

diputacion-bolseiras-chinesas

Experiencia moi positiva para Turismo Rías Baixas coas dúas bolseiras chinesas, Flor e Beatriz, acollidas ao abeiro do Plan China da Escola de Negocios Afundación, que fixeron prácticas durante 21 días a través dun planning de traballo e de asesoramento personalizados ao considerar que a apertura ao mercado chinés, a promoción e comercialización no “xigante asiático” é unha das necesidades do destino Rías Baixas.

Así o asegurou a presindenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que gravou un vídeo no que puxo en valor esta primeira colaboración co Diploma Avanzado en Relacións Internacionais DARI-BISU da Escola de Negocios Afundación, no que está a participar alumnado procedente dun mercado emerxente como é o de China e cuxa clausura terá lugar en Pontevedra o vindeiro día 30 de setembro.

diputacion-bolseiras-chinesas-02Para Silva estas prácticas non soamente resultan beneficiosas en termos de previsións turísticas e impacto económico que levan consigo, senón que ademais “poñen en relevancia a importancia da multiculturalidade da provincia de Pontevedra” e tamén da “interculturalidade, xa que nos atopamos nunha sociedade global que malia respectar as súas tradicións e peculiaridades, tense que nutrir de todo o que nos poidan achegar dende outros pobos para así converter Pontevedra na provincia moderna e respectuosa coa pluralidade que esta institución provincial desexa amosar como un dos seus puntos máis fortes”.

Durante o planning de traballo desenvolvido para as dúas bolseiras (que elas mesmas puideron modificar para se axustar ás súas necesidades formativas), estas fixeron unha importante labor de tradución ao idioma chinés do material promocional que elas consideraron de maior repercusión no mercado chinés. Os escollidos foron o Castelo de Soutomaior, o Mosteiro de Armenteira, os rueiros de Pontevedra de Vigo e os temas relacionados coa gastronomía. Tamén traduciron ao seu idioma experiencias dispoñibles na páxina web como “Actívate en Rías Baixas”, “O cocido de Lalín”, “Mergúllate nos bosques de interior” ou “As praias de Rías Baixas”, entre outras.

Ademais, Flor e Beatriz deixaron material moi interesante enfocado ao márketing, comunicación, publicidade e comercialización baseado no mercado chinés, así como unha guía para mellorar a atención ao público do país asiático atendendo a aspectos como a maneira de tratar aos e ás turistas cando chegan a unha oficina de Turismo Rías Baixas, cando envían un correo electrónico preguntando polo destino ou como tratar nunha reunión de presentación do destino aos e ás tour-operadoras, axentes de viaxe, xornalistas, aos medios de comunicación e aos e ás influencers.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM