Destacados Vigo al minuto

Medio milleiro de persoas infórmase sobre a labor dos terapeutas na sanidade pública

zona-vigo_prazaamerica_ocalvario

Cerca de medio milleiro de persoas achegáronse este sábado a dous puntos de Vigo (O Calvario e Praza América) e ao entorno do Concello de Porriño para informarse da labor dos terapeutas dentro da Sanidade Pública nunha actividade organizada pola Plataforma de Terapeuta de Vigo.

Ao longo de toda a mañá, estes especialistas informaron sobre a súa labor, onde atopalos, como acceder a eles (fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais) e como reivindicar os seus dereitos como doentes.

Dende a plataforma teñen detectado “un maior coñecemento” sobre as funcións que desempeñan os fisioterapeuta dentro da Sanidade Pública, mentres que hai “descoñecemento por parte da gran maioría” sobre como acceder as súas terapias.

Respecto ao labor dos logopedas e terapeutas ocupacionais, deuse a coñecer tanto as súas funcións como o xeito de acceder a estes recursos, cuestión descoñecida por case todos os cidadáns que acudiron a consultar ao longo desta mañá.

 

También te puede interesar