Ciencia y Tecnología

@TerapeutasVigo informarán aos cidadáns, o sábado, no Calvario, Praza de América e Porriño, sobre o acceso as súas terapias na sanidade pública

fisioterapeutaA Plataforma de Terapeutas Vigo vai realizar o próximo sábado, dia 17, unha xornada informativa para a poboación en relación ás vías de acceso ás terapias desenvolvidas por fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais dentro da Sanidade Pública, dereitos que lles asisten e reclamacións que poden presentar para exercitar ditos dereitos.

Para elo, colocarán mesas informativas, que terán un horario de atención de 10 e media da mañá a 1 da tarde, en dous puntos de Vigo e noutro do Porriño; en Vigo estarán no Calvario, enfronte ao mercado, e na Praza de América ; no Porriño, nas proximidades do Concello.

Nestas mesas informativas haberá profesionais da Sanidade Pública destas tres categorías atendendo ás dúbidas que poidan xurdir por parte dos veciños.

“Queremos facer constar ademais que, no caso dos Concellos de Porriño e Mos, son os dous únicos concellos da área sur de Pontevedra que non contan con fisioterapeuta público asignado ós seus respectivos centros de saúde. Como consecuencia disto, cando os doentes precisan realizar un tratamento de fisioterapia, deben acudir ou ó Hospital Meixoeiro ou ós centros concertados co Servizo Galego de Saúde (SERGAS)situados en Vigo, correndo cos gastos económicos e as molestias que isto provoca”, indica a Plataforma.

Ao seu xuizo, a Administración debe corrixir este “agravio comparativo” con outros Concellos da Área e a poboación poida ser atendida dun xeito “máis eficiente e ocasionándolle os menores inconvenientes”.

También te puede interesar