Deportes Vigo al minuto

Os bolos celtas invadirán esta fin de semana Valadares

bolos-celtasXogadores de toda Galicia, Asturias e Madrid, as únicas comunidades onde este deporte ten aínda unha importante afición, desputan este 17 e 18 de setembro o Campionato de España Xuvenil de Bolos Celtas.

O campionato celebrarase no torreiro de Valadares a partir das 10.00 horas cun torneo de demostración e iniciación aos bolos celtas para todos aqueles que sintan curiosidade por este deporte ou aqueles xogadores que non estean federados.

Despois, os rapaces de entre 16 e 18 anos que mellores resultados acadaran nas ligas rexionais desputaranse o primeiro posto na categoría individual nacional. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, dará comezo o Campionato Cidade de Vigo de categorías inferiores e feminino.

O domingo (10.00 horas) será tempo de ver quen acada o torneo nacional por parellas e, a partir das 12.30 horas, terá lugar a entrega de premios.

También te puede interesar