Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Castelo de Soutomaior convertirase nun espazo de lecer familiar

Posted by on Sep 15th, 2016 y archivado abajo Cultura, Destacados. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

carmela-castelo-soutomaio

O Castelo de Soutomaior xa conta cun Plan de Usos e Viabilidade que o convertirá nun novo produto de turismo cultural e de lecer co que se espera acadar a súa viabilidade económica a medio prazo para impulsar o seu rendemento. Así o asegurou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que apostará por convertir o castelo nun espazo de lecer familiar, “a aposta máis seria e que pode dar maiores rendementos”.

Para elo crearase unha experiencia turística de calidade, aumentando este aspecto tanto na atención ó visitante como nos recursos e servizos ofertados, que aporte maior goce e coñecemento do recinto. As catro áreas de intervención no Castelo de Soutomaior xirarán arredor do parque, do castelo, do enoturismo e da hostalería.

No parque realizaranse melloras nos xardíns, plantacións e parque forestal, xa en curso; enriqueceranse as cultivas; dotarase de accesibilidade e mobilidade ó recinto; completarase o equipamento do parque; crearanse paseos e itinerarios polo recinto, áreas de picnic, merendas, obradoiros, etc.; impulsaranse actividades e exposicións, festas e mercadillos temáticos, teatros, música; poranse en marcha parques e espazos de xogos infantís así como micro-paisaxes ligadas ás colleitas e realizaranse recollidas de colleitas.

En canto ó castelo, conformarase unha área de recepción de visitantes con información, tenda e aseos; potenciaranse as dependencias para eventos, reunións e congresos; impulsarase un espazo de aprendizaxe e realizaranse visitas animadas, guiadas, dramatizadas, nocturnas, ceas medievais, concertos, teatro, contacontos, cinema temático, etc.

Ó respecto do enoturismo, realizarase un complexo da camelia cunha casa do té e no que terán lugar xornadas, talleres florais e de cosmética e tamén un completo do enoturismo con adega, cata-degustación, exposicións, visitas a viñas e eventos corporativas do viño.

E en relación á hostalería ampliarase a oferta de aloxamento diúrno para eventos con cabanas e ampliarase a oferta de restauración con caterings, picnics, autoservizo, vending…

Trátase dun plan “moi ambicioso que se ten que levar adiante de forma progresiva” e que conta cun orzamento para esta lexislatura entre os 3 e 4 millóns de euros.

Visitas teatralizadas

A maiores das actuacións que xa se están a acometer no parque e xardíns, a Deputación vai poñer en marcha entre o 23 de setembro e o 23 de outubro visitas teatralizadas ao castelo para promover unha forma distinta de coñecer este enclave turístico. As visitas teatralizadas durarán uns 45 minutos e nelas actores e actrices, vestidos de época, revivirán algúns momentos da historia do castelo. Durante o percorrido, que se vai desenvolver tanto dentro como fóra do castelo, os visitantes poderán ver desde a Pedro Madruga, ata María Vinyals ou Emilia Pardo Bazán. As visitas terán lugar de xoves a venres ás 17.00 h, os sábados ás 11.00 e 17.00 horas e os domingos ás 11.00 horas e terán un custe de 2 € e necesitan reserva previa por teléfono en Turismo Rías Baixas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM