vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Dous detenidos como presuntos autores dunha ducia de incendios intencionados en Catoira, Vilagarcía e Lalín

Posted by on Sep 12th, 2016 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

incendio-chandefrito-ba-01

A Policía Autonómica detivo a dous homes como presuntos autores dunha ducia de incendios forestais nos concellos de Lalín, Catoira e Vilagarcía de Arousa, que prendían intencionadamente cun chisqueiro. Entre todos os lumes que se lles imputan, un total de 12, ambos incendiarios alcánzanse case as dúas hectáreas.

No primeiro caso, este sábado, 10 de setembro, axentes da Policía Autonómica en Pontevedra sorprenderon a un home prendendo lume nun monte na parroquia de Dimo, concello de Catoira. A este home tamén se lle imputan outros oito lumes ocorridos no mesmo concello e no de Vilagarcía, todos entre os días 12 de agosto e 3 de setembro.

A detención foi froito do dispositivo de colaboración que a Policía Autonómica está a levar a cabo con integrantes das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais (B.I.I.F) da Consellería do Medio Rural, como consecuencia dos múltiples incendios que se estaban a producir na zona.

O lume deste sábado afectou a unha superficie de 5.000 metros cadrados -0,50 hectáreas- de monte arborado e necesitou da intervención dos servizos de extinción da Xunta de Galicia. As dilixencias deste caso foron remitidas ao Xulgado de Instrución, en funcións de garda, de Vilagarcía de Arousa.

Incendiario de Lalín

Ao segundo dos detidos, o de Lalín, se lle imputa un incendio na parroquia de Botos do pasado 28 de agosto, que tamén iniciou cun chisqueiro, tal e como recoñeceu na súa declaración. Este incendio forestal só afectou a unha superficie rasa de 300 metros cadrados, grazas á rápida intervención dos servizos de extinción da Xunta que evitaron a súa propagación.

Ademais, a raíz das pescudas realizadas, esclarecéronse dous incendios anteriores -de 2015 e 2016- que afectaron a 1,4 hectáreas. Por estes feitos, os axentes autonómicos instruíron as dilixencias pertinentes, que se remitiron ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, en funcións de garda, de Lalín.

Na actual campaña antiincendios, a Policía Autonómica xa leva investigadas ou detidas 56 persoas por delitos relacionados con incendios forestais.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM