Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Denuncian a paralización das vacantes para persoal estable na área sanitaria de Vigo

Posted by on Sep 9th, 2016 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

alvaro-cunqueiro

A CIG Saúde ven de denunciar a confirmación por parte da Xerencia da área sanitaria de Vigo que se paralizarán as vacantes que estaba previsto cubrir con persoal estable a partires do mes de setembro despois de que se tivera que adaptar o cadro de persoal ás necesidades xeradas polas diferentes actividades e organización funcional trala posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Dende o sindicato aseguran que esta falta de consolidación do persoal necesario para realizar as actividades diarias obriga aos traballadores a permanecer “nunha situación da máis absoluta precariedade sen poder manter estabilidade nun servizo, perdendo dereitos de vacacións e descansos, incluídos os obrigatorios entre xornadas do persoal que fai contratos por días durante o verán, e perpetuándonos nunha situación de inestabilidade” que afecta ao funcionamento de todos os servizos, onde “o persoal estable ten que formar persoal novo cada pouco tempo e cando está formado finaliza o contrato e o cambian de lugar”.

Os representantes sindicais aseguran que este problema se traslada a moitos dos servizos da área sanitaria que manteñen o traballo en base a “contratos precarios mediante acúmulos de tarefas ou substitucións por días soltos de prazas estruturais xerando grandes problemas na organización e no traballo das plantas afectadas”.

Desde CIG-Saúde demandan que se transformen en vacantes ás prazas necesarias para o funcionamento dos centros hospitalarios de Vigo e que esas prazas sexan cubertas por persoal interino mentres non poidan ser ofertadas a concurso de traslados e Oferta Pública de Emprego posterior.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM