vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Persoal de Clece chega a un acordo coa dirección sobre os traslados forzosos de empregados a outros centros

Posted by on Sep 6th, 2016 y archivado abajo Destacados, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

2016 09 02 PrimeiroDiaFolgaCleceLimpezaCitroen02.grande

O cadro de persoal de Clece, contrata da limpeza das instalacións de PSA Peugeot Citroën en Vigo, chegou este martes a un acordo coa dirección da empresa sobre os empregados que foron trasladados forzosamente a outros centros de traballo.

O comité decidiu desconvocar a segunda xornada de folga prevista para o pasado sábado para facilitar as negociacións coa compañía coa mediación da Inspección de Traballo.

A primeira hora da tarde empresa e traballadores chegaban a un acordo despois de que a dirección se comprometese a solucionar a problemática derivada dos traslados forzosos de empregados a outros centros de traballo.

Deste xeito, os dous traballadores desprazados ao Grove poderán regresar a Citroën e desenvolverán o seu labor as fins de semana e tres días entre o luns e o venres. En canto aos outros dous que foron trasladados aos Xulgados e ao Porto de Vigo, poderán volver á fábrica de automoción xa que hai voluntarios para substituílos. Ademais, pactouse o establecemento dun plus de 130 euros para aqueles empregados que foron desprazados a centros de traballo da cidade de Pontevedra.

Finalmente, os que foron obrigados de xeito unilateral a traballar na quenda de fin de semana terán un día máis de descanso entre o luns e o venres ou ben poderán cambiarse para a quenda de mañá e pasarán a traballar só durante a semana.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM