A Xunta comunica aos concellos que se fará cargo do custe de levar aos veciños a votar nas Eleccións ao Parlamento de Galicia

VotandoA Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, ven de enviar as gobernos locais unha comunicación na que indica que “os concellos poderán valerse de transporte institucional gratuito”, para levar aos electores ao seus colexios electorais o vindeiro día 25, data na que se celebran as Eleccións ao Parlamento de Galicia.

Coa finalidade de cubrir estas necesidades, os Concellos deberán entregar á Xunta itinerarios a seguir, horarios e frecuencias previstas por cada entidade local e medio previsto para o parcorrido, sexa mirobús o autobús.

Dacordo coa propia comunicación da dirección xeral, será ésta quen “contacte coas federacións de asociacións provinciais de transportistas de viaxeiros, co fin de establecer a adxudicación [do transporte] entre os seus asociados” e, con carácter inmediato, “os responsables destas federacións informarán das compañías, matrículas dos autobuses e outros datos do transporte institucional gratuito que prestará o servizo” en cada Concello.

XuntaSerá cada Concello o que dé a coñecer nun bando estas particularidades deste “transporte institucional gratuito” de xeito que “a veciñanza (o electorado) poida ter coñecemento veraz e suficiente”.

Hai que lembrar que logo das Eleccións Municipais de 2015, o Partido Popular ten maioría absoluta en 145 dos 314 concellos de Galicia e foi a forza máis votada noutros 55; ademáis, na actualidade catro membros do Partido Popular de Lugo teñen que ir a xuizo como presuntos autores dun delito electoral, por por presunto carrexo de votos durante ás últimas Elecciósn ao Parlamento de Galicia, o pasado  21 de octubre de 2012, logo de que o xuiz considerase que deben de ser xulgados por levar ata a mesa electoral a 7 anciáns dunha residencia, algún deles con demencia senil ou Alzheimer.

 

También te puede interesar