Fotos: Vigoalminuto/ Xurelos empañada, pan, viños, café e licores. Ese é o menú de hoxe na asociación veciñal da Feira de Cabral, que celebrou este sábado a décimo sexta edición da Festa do Xurelo.

Os actos comezaron co tradicional pasarrúas da Banda de Música Unión de Cabral para dar paso, media hora despois, á degustación a precios populares do xurelo en distintas especialidades: xurelos asados; en escabeche; empanada de xurelos, carne, bonito e bacalao e empanadillas de carne e bonito. Todo ben regado con viños, pan de maíz, café e licores.

A Unión Musical de Cabral amenizou a comida xunto antes que o grupo Armonía. Xa a estas horas, pola tarde, actuación do grupo Tarambainas e das pandereteiras Xoltra. A partir das 19.00 horas o grupo de gaitas da asociación animará aos veciños e visitantes antes do turno da Coral Rivera Atienza, ás 19.30 h.

También te puede interesar