Cultura Vigo al minuto

Tres días de Revoltallo musical e cultural en Valladares

revoltallo-valladares-2016

Chega o día. O Revoltallo de Música e Cultura emerxente chega hoxe de novo a Valladares para celebrar a XXIII edición dun festival no que se mesturarán xéneros como hiphop, rap, rock, punk ou música africana. Sempre con entrada de balde.

Aínda que a música emerxente seguirá a ser o seu principal reclamo, ao longo destes tres días haberá actividades para toda a familia, como teatro, maxia ou xogos para os máis pequenos arredor das instalacións do Centro Veciñal e Cultural de Valladares.

Os concertos celebraranse a cuberto no auditorio do Centro Veciñal ou ao aire libre la Leira. A cita arrancará este venres ás 20.30 horas coa música electrónica de Madamme Cell e, unha hora más tarde, co rock de Ben Senmedo.

O sábado será o turno de Leo e Arremecághona (21.00 h) e de Irmandades do Falo (22.00 h), nunha xornada na que tamén haberá a partir das 23.00 h na Leira concertos de rap de artistas locais e as actuacións de Verso Libre Chove Libre, Malandrómeda, Duke Sam ft. Chico López e DJ Predator e Son da Rúa.

O último día, o domingo, chegarán os ritmos africanos a partir das 18.30 horas cun obradoiro de percusión seguido por outro de danza africana a partir das 19.30 h. O fin de festa, o concerto de danza e percusión de Costa Oeste Africana acompañada de Allantantou Dance Company, de Portugal.

También te puede interesar