Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Piden a inclusión das praias fluviais de Salvaterra no censo de zonas de baño de Galicia

Posted by on Ago 31st, 2016 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

praias_fluviais1

En Salvaterra existen diferentes praias fluviais no río Tea e Miño polas que se calcula que pasan cada semana unhas 200 persoas entre veciños da zona, vila e localidades próximas que se achegan a estes lugares de baño, pero ningunha esta incluída de forma oficial no censo de zonas de baño de Galicia, polo que non están sometidas a ningún control da calidade das súas augas.

Estas praias atópanse en diferentes parroquias de Salvaterra, contando todas elas cun bo acceso e a maioría con merendeiros. No río Tea destacan a de Abelán na parroquia de Fornelos, Cordeiro en Alxén e os Muíños en Salvaterra. Tamén no río Miño a de Bogal na parroquia de Oleiros.

Por este motivo, a Asociación Lazoiro pide a inclusión no censo de zonas de baño de Galicia ao amparo da Lei 14/1986, do 25 de abril, que prevé que as actividades e produtos que, directa ou indirectamente, poidan ter consecuencias negativas para a saúde, sexan sometidos ao control das administración públicas.

Unhas destas actividades é o uso recreativo da auga, en concreto as zonas de augas de baño naturais. Entre eses beneficios, estaría poder consultar en liña o estado da auga en todo momento e incluso en caso de que se volvese a repetir algúns dos verquidos que nos últimos anos tiveron lugar no río Tea, entre o que destaca o do vertido de sosa cáustica en Mondariz.

Desde a asociación saeguran que esta situación deixa “en desamparo” ás persoas que se bañan no río Tea en Salvaterra, xa que o último punto recoñecido como zona de baño “atópase en Ponteareas, esquecéndose por tanto do treito final que vai até a desembocadura no río Miño”.

A asociación Lazoiro vén de solicitar de forma oficial a incorporación detas praias no censo de zonas de baño de Galicia ante a Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra, así como de poñelo en coñecemento do Concello de Salvaterra para que tome as medidas necesarias.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator