Destacados Vigo al minuto

Dúas xornadas de folga do persoal de limpeza de Citroën polos incumprimentos laborais da empresa

logocleceO comité de empresa de Clece, contrata da limpeza de PSA Peugeot Citroën en Vigo, anunciou a convocatoria de dúas xornadas de folga para os vindeiros días 2 e 3 de setembro para rexeitar os incumprimentos da normativa laboral e dos pactos entre dirección empregados.

Os traballadores desenvolverán tamén varias concentracións na sede de Clece e nas instalacións de Citroën coincidindo cos paros.

Con estes paros trátase de denunciar o alto índice de incumprimento da normativa laboral vixente e dos pactos alcanzados entre a empresa e a representación do cadro de persoal. Ademais, os empregados queren amosar o súa disconformidade coas decisións adoptadas de xeito unilateral pola dirección de Clece que implican o traslado forzoso de persoal a outros centros de traballo na provincia.

As mobilizacións serán o venres día 2 de setembro diante da sede de Clece, na Praza de América, de 11.00 a 12.00 horas e de 13.15 a 14.15 horas. Xa pola noite, entre as 21.15 e as 22.15 horas, trasladarán as protestas ás portas das instalacións de Citroën.

También te puede interesar