Comarcas Galicia

Arbo recauda fondos para os Bombeiros Voluntarios de Melgaço

bombeiros melgaco

A Asociación Humanitaria dos Bombeiros Voluntarios de Melgaço formouse en abril de 1929 e, dende entonces, a súa labor é moi importante non só nas localidades portuguesas, senón tamén nas galegas. O concello de Arbo quere recoñecer a labor que desempeña nesta localidade, xa que este ano nas que tiveron que acudir en varias ocasións tanto por incendios en vivendas como no lume que devastou hai uns días varias hectáreas, afectando a casas e viñedos.

Por este motivo, o Concello organiza os vindeiros 27 e 28 de agosto varios actos solidarios cos que amosar o seu agradecemento e contribuír a que continúen coa súa labor recaudando fondos.

Así, o 27 de agosto celebrarase no Pavillón Policdeportivo de Arbo (20.30 h) a gala solidaria Móvete, que contará coa presenza de Iria González, de Pequenos Fenómenos e gañadora da Voz Kids; co grupo de baile Arte en Movemento de Melgaço; co de Danza Oriental e Mega Dance de Arbo; cunha masterclass de Kun Fu a cargo de Juan J. Martínez; Movifitness e Power Jump co Centro de Estagios de Melgaço.

Xa o sábado 28 de agosto celebrarase a I Xuntanza Cabalar na Bouza de Miguel, detrás do campo de fútbol de Arbo. A saída será ás 10.00 h. Tamén haberá unha andaina solidaria (11 h) na que haberá que facer un donativo de 2 euros, unha comida popular ás 14 h con porco ao espeto e pulpo, un gran espectáculo de doma a cargo de Arte Ecuestre ás 16 h, unha gran gincana cabalar ás 17 h e música e baile a partir das 19.00 horas.

También te puede interesar