Denuncian que o colapso de servizos no centro de día do Álvaro Cunqueiro obriga a suspender tratamentos de cancro | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Denuncian que o colapso de servizos no centro de día do Álvaro Cunqueiro obriga a suspender tratamentos de cancro

Posted by on Ago 5th, 2016 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

rolda-01

Os enfermos de cancro da área sanitaria de Vigo viven unha situación precaria pola falta de persoal e o colapso de servizos como o de farmacia no centro de día do Hospital Álvaro Cunqueiro, que en moitos casos obriga aos doente a volver a casa sen recibir tratamento despois de horas de espera.

Isto é o que denunciou esta mañá o responsable local do BNG en Vigo, Serafín Otero, acompañado pola deputada Montse Prado e por unha das pacientes afectadas, Lourdes Crespo.

Crespo relatou a súa situación persoal, na que cada mércores acude ao centro de día para recibir o seu tratamento de quimioterapia“Vou ás 07.30 horas ao hospital para facer unha análise ás 08.00 h e logo teño que facer tempo ata as 10.15 h, que é cando teño cita en oncoloxía, pero moitas veces acabo entrando en consulta ás 13.00 h“, explicou.

“Teño que agardar tres ou catro horas, nunha sala moi pequena ateigada con arredor de 70 persoas, sentada nunha cadeira. Pasas a consulta e vas a outra sala a agardar polo tratamento outra hora e media. Cando te decatas son xa as 14 ou as 15h. E logo inda quedan por diante, no meu caso, cinco horas de tratamento”, acrecentou.

A paciente alertou ademais de que “hai días en que despois de toda esa espera, marchas sen o tratamento e tes que volver ao día seguinte” a causa de que a farmacia e as salas  de tratamento están saturadas.

Pola súa banda , o BNG exixiu solucións efectivas en lugar de reaccionar apenas con “parches” como se ten feito nos últimos meses cada vez que se denunciou un problema.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM