A Deputación investirá máis dun millón de euros en Vigo | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Deputación investirá máis dun millón de euros en Vigo

Posted by on Jul 29th, 2016 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

deputacion xunta

Luz verde da Deputación de Pontevedra ao investimento de ata 902.000 euros na execución das obras de substitución de firmes en estradas municipais de diferentes parroquias de Vigo. Deste xeito dase vía libre ao convenio asinado entre ambas institucións en novembro para actuacións conxuntas estratéxicas que redunden na mellora de servizos.

Nesta ocasión reduciranse os tempos e custe de transporte, as condicións de accesibilidade e correxiranse os desequilibrios intermunicipais coa mellora de estradas en Sárdoma, Castrelos, Candeán, Teis, Alcabre, Coruxo, Matamá, Zamáns, Bembrive, Bouzas, Castro e Praza América.

A Deputación comprométese ao financiamento total dos custes das obras, mentres o Concello se encarga de redactar e aprobar os correspondentes proxectos de obra; contratar as asistencias técnicas á dirección; licitar, dirixir, executar, controlar e recepcionar as obras; e levar a cabo o mantemento e conservación das infraestruturas resultantes.

Preto de 150.000 euros para a reforma dos vestiarios do polideportivo do IES de Beade

Por outra banda, a Xunta de Goberno da Deputación tamén aprobou o contrato de execución da obra de reforma dos vestiarios do pavillón polideportivo do IES de Beade.

A obra foi adxudicada á empresa Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L., despois de que a Mesa de Contratación valorase todas as ofertas presentadas e descartase outras por non estar xustificadas debidamente, e tras presentar a empresa beneficiaria a documentación requirida pola institución provincial para asegurar o cumprimento dos requisitos para a contratación e das súas obrigas.

O importe da obra por parte da Deputación é de 142.000 euros e o prazo de execución dun mes.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM