Galicia

Un morto e tres feridos nunha colisión frontal entre dous turismos en Padrón

ambulancia-4

Unha persoa falecía e outras tres resultaban feridas ao colisionar frontalmente dous turismos que circulaban pola N-550 ao seu paso polo termo municipal coruñés de Padrón.

O sinistro producíase pasadas as 08:00 horas e varios dos ocupantes quedaron atrapados no interior, polo que se desprazaron ata a zona efectivos sanitarios, Bombeiros de Boiro, persoal do GES de Padrón e Garda Civil de Tráfico, así como o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

O equipo de bombeiros tivo que excarcerar a dúas persoas dun dos vehículos no que viaxaban tres ocupantes, un deles falecido e outro ferido. Tamén tivo que ser liberado o condutor do outro turismo tras quedar atrapado no seu interior.

Cae por un terraplén en Combarro

Un conductor resultaba ferido esta mañá ao saírse da vía e caer por un terraplén. Os feitos ocorreron sobre as 10.00 horas en Combarro, no concello de Poio, onde o turismo quedou nun desnivel accesible para os servizos de emerxencia.

Garda Civil de Tráfico, Policía Local, efectivos do GES de Sanxenxo e de Protección Civil de Poio desprazáronse ata a zona para colaborar nas labores de rescate do conductor.

También te puede interesar