Vigo al minuto

Vigo exíliase do calor no Morrazo… de novo con atascos

Novos atascos nas estradas que van ao Morrazo. Unha nova xornada de calor, na que se acadarán ata os 32 grados, fai que miles de vigueses leven dende primeira hora da mañá cruzando a ponte de Rande para disfrutar dos areais do outro lado da ría.

A estas horas, o tráfico comeza a ser denso e a producirse xa os primeiros atascos na autopista en dirección Pontevedra, así como na saída a Cangas e no corredor do Morrazo ou na estrada que vai pola costa. Esta imaxe leva repetíndose toda a fin de semana.

También te puede interesar